Mejor Precio garantizado | Envío Gratis a partir de 20€ | Recíbelos en casa

Os últimos carballos do banquete de conxo

SKU
9788416460649
Precio especial 18,52 € Precio regular 19,50 €

Consultando disponibilidad...


¿Eres una institución o centro educativo?

¿Quieres comprar este producto después?
Añadir a deseados
Segunda edición actualizada e ampliada da obra que, publicada en 2016, impulsou a apertura do histórico Bosque do Banquete de Conxo de 1856. Incorpora máis d ...
Novedades literarias Literatura juvenil Cómic y manga

Detalles

Descripción: Segunda edición actualizada e ampliada da obra que, publicada en 2016, impulsou a apertura do histórico Bosque do Banquete de Conxo de 1856. Incorpora máis de trinta nuevas fotografías e ilustracións, actuais e históricas; os textos completos dos tres brindis pronunciados naquel acto por Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane, pero tamén a noticia doutros brindis, ata agora descoñecidos, tan atrevidos para a súa época que nin sequera chegarían a ser publicados. Xunto a todo isto, moitos datos novos -históricos e literarios- sobre este lugar, un mapa actualizado do bosque, cun total de oitenta ilustracións, planos e fotografías. Viaxamos ao espazo natural que tanto fascinou a Rosalía de Castro; ao histórico mosteiro que visitou Federico García Lorca en 1916; ao soutoo que versou, na bruma do século XIII, o trovador Joam Airas; e tamén, ao lugar de devoción pola Virxe da Cuncha de milleiros de peregrinos desde tempos medievais. Todos estes feitos figuran concentrados nun espazo concreto ao sur de Compostela: a carballeira do Banquete de Conxo. Nel, un domingo 2 de marzo de 1856 viviríase un acontecemento insólito: a celebración dun banquete democrático onde brindaron xuntos, pola liberdade e a fraternidade, estudantes e artesáns. Daquí xurdiría a xeración que máis adiante vai a promover o Rexurdimento pleno da cultura galega. Neste bosque, ás beiroas do río Sar, resisten os últimos carballos centenarios do Banquete de Conxo, testemuñas vivas de acontecementos únicos na historia de Galicia.
Autor:
Año publicación: 2019
Audiencia: GENERAL
Formato:
Editorial: ALVARELLOS
ISBN: 978-84-16460-64-9
Segunda edición actualizada e ampliada da obra que, publicada en 2016, impulsou a apertura do histórico Bosque do Banquete de Conxo de 1856. Incorpora máis de trinta nuevas fotografías e ilustracións, actuais e históricas; os textos completos dos tres brindis pronunciados naquel acto por Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane, pero tamén a noticia doutros brindis, ata agora descoñecidos, tan atrevidos para a súa época que nin sequera chegarían a ser publicados. Xunto a todo isto, moitos datos novos -históricos e literarios- sobre este lugar, un mapa actualizado do bosque, cun total de oitenta ilustracións, planos e fotografías. Viaxamos ao espazo natural que tanto fascinou a Rosalía de Castro; ao histórico mosteiro que visitou Federico García Lorca en 1916; ao soutoo que versou, na bruma do século XIII, o trovador Joam Airas; e tamén, ao lugar de devoción pola Virxe da Cuncha de milleiros de peregrinos desde tempos medievais. Todos estes feitos figuran concentrados nun espazo concreto ao sur de Compostela: a carballeira do Banquete de Conxo. Nel, un domingo 2 de marzo de 1856 viviríase un acontecemento insólito: a celebración dun banquete democrático onde brindaron xuntos, pola liberdade e a fraternidade, estudantes e artesáns. Daquí xurdiría a xeración que máis adiante vai a promover o Rexurdimento pleno da cultura galega. Neste bosque, ás beiroas do río Sar, resisten os últimos carballos centenarios do Banquete de Conxo, testemuñas vivas de acontecementos únicos na historia de Galicia.
Más Información
Nombre del producto Os últimos carballos do banquete de conxo
Autor Alvarellos Casas, Henrique
Ebook No
Libranda No
Cambio 7 días
Devolución 7 días
Solo usuarios registrados pueden escribir comentarios. Por favor, iniciar sesión o crear una cuenta